O programa Gémini, sito entre as misions pioneiras do programa Mercury e as fazañas épicas do Apolo, é o gran esquencido da historia da astronáutica, pero serviu para que a NASA á altura , e nalguns aspectos, adiantase á Unión Soviética na carreira espacial. Tamén permitiu que os futuros astronautas do Apolo adquirisen unha experiencia do vo crítica para as misions lunares. E, ademáis, serviu para que a NASA comprendese que a carreira espacial non era un xogo. Sobre todo cando a tripulación da Gémini 8, Neil Armstrong e Dave Scott, casi perden a vida por culpa dun propulsor defectuoso.